Documental

Non damos puntada sen fío

Non damos puntada sen fío

Como nace un espectáculo teatral? Que sucede antes de que se abra o pano?

Non damos puntada sen fío nace da vontade de entrar nun lugar ao que o público normalmente non ten acceso: o proceso de creación dun espectáculo teatral. Unha historia sobre o teatro e todas esas puntadas invisibles que fan posible que unha idea cobre vida.

O documental acompaña durante varios meses o proceso de creación e montaxe de Manual de Patronaxe, un espectáculo de Teatro do Noroeste baseado no texto de Nerea Brey, gañador do Premio Abrente da MIT de Ribadavia en 2023.

A través da mirada das mulleres que escriben, dirixen, interpretan e producen a obra, descubrimos o traballo, as emocións e as decisións que se agochan detrás dunha creación colectiva. Unha homenaxe ás referentes feministas, ás modistas, ás coidadoras e a todas esas mulleres cuxas achegas, tantas veces invisibles, son as puntadas que conforman o bordado das nosas vidas.

Proxecto gañador do Premio Luísa Villalta a Proxectos pola Igualdade da Deputación da Coruña en 2025.

FICHA TÉCNICA
TipoDocumental
Duración35min
Formato4K DCI ST
Ano de produción2026
IdiomaGalego
Dirección / autoríaEva Alonso
ProduciónChiripa Producións

Créditos

Dirección e Guión: Eva Alonso
Director de fotografía: César Seijas
Montador: César Seijas
Produción executiva: Chiripa
Directora de Produción: Eva Alonso
Axudante de Produción: Melina Regueira
Clara Gayo, Iolanda Muíños, Raquel Espada, Susana Sampedro, Nerea Brey, Melina Regueira, Eva Alonso.

Non damos puntada sen fío

Agradecementos

TEATRO DO NOROESTE