Activa os contidos externos para reproducir este vídeo.
A TÚA EMPRESA TEN ALGO QUE CONTAR
Creamos pezas audiovisuais que axudan a explicar quen es, que fas e por que importa. Desde unha entrevista ata unha campaña completa.
Cóntanos que necesitas →Entrevistas e testemuños
Vídeo de produto
Formación e comunicación interna
Contido para redes
Publicidade e campañas
UN ÚNICO EQUIPO. TODO O PROCESO.
Non tes que saber que cámara, que formato ou que configuración técnica necesitas. Cóntanos o obxectivo e deseñamos a produción, o equipo e os medios axeitados.
Activa os contidos externos para reproducir este vídeo.
CONFÍAN EN NÓS
Empresas, produtoras e entidades coas que traballamos.





















UN ESPAZO PARA FACER QUE SUCEDA.
Un plató de 100 m² con iluminación, cámaras, son e realización multicámara. Preparamos o espazo e a configuración técnica para entrevistas, podcasts, vídeos corporativos e emisións en directo.
Contamos con base propia en Oleiros e tamén desprazamos o equipo ao lugar de cada produción.
VÍDEOS CORPORATIVO PARA EMPRESAS EN A CORUÑA
Creamos vídeos para empresas que necesitan explicar mellor quen son, presentar un produto, compartir coñecemento ou xerar contido para as súas canles. Partimos do obxectivo de comunicación e deseñamos a peza: idea, guión, produción, rodaxe, edición e entrega.
Podemos producir desde unha entrevista ou un testemuño ata unha serie de contidos, unha peza de produto ou unha campaña corporativa. Traballamos desde o noso plató en Oleiros ou nas instalacións da empresa, cun equipo dimensionado para cada proxecto.
PREGUNTAS FRECUENTES
Que pode incluír un vídeo corporativo?
Idea, guión, produción, rodaxe, entrevistas, grafismo, edición, son e adaptacións para diferentes canles.
Podedes gravar nas instalacións da empresa?
Si. Podemos desprazar o equipo ou realizar a produción no noso plató en Oleiros.
Preparades versións para redes sociais?
Si. Podemos entregar diferentes duracións e formatos a partir dunha mesma produción.
CÓNTANOS O TEU PROXECTO
Cóntanos o que necesitas e responderémosche cunha proposta adaptada ao proxecto.
