CHIRIPA · STREAMING & LIVE

EN DIRECTO. ONDE ESTEAS.

Realización multicámara 4K e streaming para congresos, galas, teatro, podcasts, presentacións e eventos corporativos. Desde o noso plató ou desprazándonos ao evento.

Cóntanos o teu evento →
REALIZACIÓN + STREAMING

O DIRECTO NON ADMITE SEGUNDAS OPORTUNIDADES.

Deseñamos a realización e a retransmisión segundo o evento, o espazo e o público. Podemos encargarnos do fluxo completo: cámaras, realización, son, grafismo, integración de contidos, gravación e emisión.

Traballamos desde o noso plató ou desprazamos o equipo técnico ao lugar no que suceda o evento.

ONDE ENCAIXA

UN DIRECTO PARA CADA EVENTO.

01

Congresos e convencións

02

Presentacións e lanzamentos

03

Eventos corporativos

04

Cultura e espectáculos

05

Podcast & videocast en directo

06

Retransmisións deportivas

CHIRIPA LIVE

TODO O NECESARIO PARA SAÍR EN DIRECTO.

Multicámara 4KRealización en directoProdución técnicaSon e iluminaciónGrafismo e contidosGravación e emisión
Contido externo bloqueado

Activa os contidos externos para reproducir este vídeo.

TRABALLOS RELACIONADOS

DIRECTOS QUE XA FIXEMOS REALIDADE.

I Congreso Internacional do Teatro Galego

I Congreso Internacional do Teatro Galego

Retransmisión íntegra do congreso

(S8) Mostra de Cinema Periférico · Performance LIVE
(S8) Mostra de Cinema Periférico

(S8) Mostra de Cinema Periférico · Performance LIVE

Performance LIVE

Os Amigos “A Cháchara”

Os Amigos “A Cháchara”

Podcast

Creativas e Activas

Creativas e Activas

Streaming evento

Gala A Coruña Global

Gala A Coruña Global

Streaming evento

Prevención de violencias y acoso en el sector audiovisual

Prevención de violencias y acoso en el sector audiovisual

Streaming evento

CLIENTES E COLABORACIÓNS

CONFÍAN EN NÓS

Empresas, produtoras e entidades coas que traballamos.

vaca
visualizalo
repsol-fundacion
deputacion_coruna
crtvg
aine
culturgal
cega
agt
aga
zenit
tex-45
teatro-do-noroeste
talia
setemedia
s8
numax
nova-galega-de-danza
miranda
medio-limon
escena-galega
PLATÓ PROPIO · OLEIROS · A CORUÑA

UN ESPAZO PARA FACER QUE SUCEDA.

Un plató de 100 m² con iluminación, cámaras, son e realización multicámara. Preparamos o espazo e a configuración técnica para entrevistas, podcasts, vídeos corporativos e emisións en directo.

Contamos con base propia en Oleiros e tamén desprazamos o equipo ao lugar de cada produción.

100 m² · PLATÓ4K · MULTICÁMARALED · ILUMINACIÓN
COÑECE AS NOSAS INSTALACIÓNS →
Chiripa Producións
CHIRIPA · A CORUÑA · GALICIA

STREAMING E REALIZACIÓN MULTICÁMARA EN A CORUÑA

Realizamos streaming de congresos, presentacións, galas, espectáculos, eventos corporativos e retransmisións con realización multicámara. Deseñamos a solución segundo o espazo, o número de cámaras, o público e as plataformas de emisión.\n\nPodemos encargarnos de cámaras 4K, realización, son, iluminación, grafismo, integración de presentacións e vídeos, gravación e saída en directo. Traballamos desde o noso plató en Oleiros ou montamos a infraestrutura técnica no lugar do evento.

FAQ

PREGUNTAS FRECUENTES

Pódese retransmitir un congreso en directo?

Si. Deseñamos a realización e o streaming segundo o programa, o espazo, o público e as plataformas de emisión.

Facedes realización multicámara?

Si. Traballamos con cámaras 4K, realización en directo, son, grafismo e integración de contidos.

Pódese gravar o evento ademais de emitilo?

Si. A produción pode incluír a gravación do programa e dos sinais necesarios para a súa edición ou arquivo.

Podedes emitir en varias plataformas?

A saída pode configurarse para as plataformas acordadas segundo as necesidades técnicas do evento.

Traballades fóra da Coruña?

Si. Desprazamos o equipo técnico ao lugar no que se celebre o evento.

FALEMOS

FALAMOS DO TEU DIRECTO?

Cóntanos o que necesitas e responderémosche cunha proposta adaptada ao proxecto.

Prefires falar directamente?+34 636 39 77 22correo@chiripa.es