DA IDEA Á PANTALLA.
Producimos programas, documentais, vídeos, ficción e contidos corporativos. Podemos asumir o proceso completo ou integrarnos na fase na que nos necesites.
Cóntanos o teu proxecto →PRODUCIÓN AUDIOVISUAL
PRODUCIÓN AUDIOVISUAL EN A CORUÑA, DE PRINCIPIO A FIN
En Chiripa desenvolvemos producións audiovisuais para empresas, institucións, televisión e proxectos culturais. Podemos acompañar o proxecto desde a idea e a preprodución ata a rodaxe, a realización e a posprodución, ou incorporarnos só na fase na que faga falta.\n\nTraballamos con equipos adaptados a cada encargo e medios propios en Oleiros, A Coruña. Producimos programas, documentais, vídeos corporativos, entrevistas, contidos dixitais e pezas para eventos, combinando produción, técnica e realización nun mesmo equipo.
PREGUNTAS FRECUENTES
Que tipo de producións audiovisuais realizades?
Programas, documentais, vídeos corporativos, entrevistas, contidos dixitais e pezas para eventos, entre outros formatos.
Podedes asumir só unha parte do proxecto?
Si. Podemos encargarnos da produción completa ou integrarnos en preprodución, rodaxe, realización, equipos técnicos ou posprodución.
Traballades fóra da Coruña?
Si. Temos base en Oleiros, A Coruña, e desprazamos equipos segundo as necesidades de cada produción.
EXPERIENCIA + EQUIPO + MEDIOS PROPIOS
Traballamos con equipos configurados para cada proxecto e podemos integrar produción, gravación, realización, streaming e posprodución dentro dun mesmo fluxo de traballo.
