Filmes esquecidos: recuperando As Muletas. 1968

En Produción


Sinopse:

Unhas latas de película gravadas en Super-8 levaban "esquecidas" dende facía 50 anos. Agora, repousan nunha estantería xunto a miles de papeis, documentos de toda unha vida… unha vida entre butacas, bambalinas e telóns, unha vida no teatro.

Estas películas atopadas recentemente pertencen a Eduardo Alonso, unha institución do teatro galego, que alá polos anos 60 era un mozo que soñaba con contar historias, e que, xunto a outros xoves soñadores coma el, creaba. Nese momento o que facían é xogar e experimentar co teatro e co cine. Estes rapaces concibían historias e interpretaban soños.

A nosa historia trata deses soños gravados en celuloide, momentos capturados fai máis de 50 anos que agora ven a luz. Imaxinadas e creadas naquel tempo; interpretadas e narradas polo seu creador na actualidade. 

 


Galería de Imaxes

 

 

Ficha técnica

  • Tipo: Curtametraxe documental
  • Duración: 20min
  • Formato: 1920x1080 HD ST 16:9
  • Ano de produción: 2024
  • Idioma: Galego


Créditos

  • Dirección e idea orixinal: César Seijas
  • Guion: Eva Alonso
  • Director de fotografía: César Seijas
  • Montador: César Seijas
  • Produción executiva: Chiripa
  • Directora de Produción: Eva Alonso


Agradecementos

  • Eduardo Alonso

 

Este Sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para facer posible o uso do Sitio web e dos servizos ofrecidos, así como para entender como interactúan os nosos usuarios co Sitio web e analizar o seu comportamento para poder mostrar publicidade relacionada coas súas preferencias en base a un perfil elaborado a partir dos seus hábitos de navegación. Pode obter máis información na nosa Política de Privacidade e Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies