En Produción
Sinopse:
Esta película, coma o seu título, é unha homenaxe a un poema do dramaturgo alemán de entreguerras Bertolt Brecht, no que expresa a dificultade da vida se precisas dunhas muletas para recorrela e a importancia de desfacerse delas. Os e as protagonistas desta historia están dotados desas “muletas” e non saben como desfacerse delas. A curtametraxe expresa a desolación de quen non pode vivir sen esas próteses e como o esforzo por liberarse delas pode acabar coa túa propia vida.
Galería de Imaxes
Ficha técnica
- Tipo: mediometraxe ficción
- Duración: 36 min
- Formato: 8mm 4:3 b/n
- Ano de rodaxe: 1968
- Ano de estrea: 2024
- Idioma: Galego
Créditos
- Dirección e Guión: Eduardo Alonso
- Posprodución: César Seijas
- Voz: Eduardo Alonso
Outros
Esta película rodouse en 1968 e os rolos de celuloide de 8mm quedaron gardados ata 2023 cando se recuperan, dixitalizan e se edita de novo a película.